‘Guerra: ¿y si te pasara a ti?’

Lecturas, Prosa

Guerra portadaGuerra contraportada

 

“Si aquí estuviéramos en guerra… ¿adónde irías?

Si las bombas hubieran reducido a ruinas gran parte de España, gran parte de tu ciudad… Si el piso donde vivís tú y tu familia tuviera las paredes agujereadas por las balas, todas las ventanas reventadas, el balcón arrancado… Imagina que se acerca el verano y no hay electricidad, sólo funciona la cocina. Tu madre tiene bronquitis y una infección de riñón. Tu hermano mayor ha perdido tres dedos de la mano izquierda debido a la explosión de una mina y, en contra de la voluntad de tus padres, se ha unido a la milicia popular. A tu hermana menor le dispararon y ahora yace, con la cabeza llena de esquirlas de metralla, en un hospital en el que apenas hay instrumental médico. Tus abuelos paternos murieron al explotar una bomba que cayó en la residencia de ancianos donde vivían.

A ti aún no te han herido, pero vives aterrorizado. Mañana, tarde y noche. Tiemblas cada vez que los misiles caen silbando a lo lejos, cada vez que vislumbras un destello de luz en el horizonte, y no sabes si hoy el  misil caerá en tu cabeza. Tiemblas cada vez que hay una explosión. ¿Cuántos amigos tuyos morirán hechos trizas esta vez”.
Ficha do libro Guerra

Este é o duro escenario que nos presenta a escritora danesa Janne Teller no seu libro Guerra. Trátase dun controvertido experimento mental no que a autora, en escasas setenta páxinas, pon ao lector na pel dun refuxiado.

En palabras de Teller, Guerra é unha invitación a imaxinar, motivo polo cal á hora de traducilo foi adaptado aos países nos que se ía publicar, á súa historia, cultura e xeografía.

 A pesar de que foi escrito no ano 2001 e publicado inicialmente por unha revista danesa como un relato de ficción, mantén a día de hoxe unha terrible vixencia.

Cun realismo opresivo, a autora guíanos en segunda persoa pola vida dun neno de catorce anos que, acompañado da familia que lle queda, se ve na obriga de fuxir da guerra que asola España, da fame e da sede, das bombas e da destrución. En definitiva, dunha vida sen futuro, a pesar de que esta non fixese máis que comezar.

Nesta difícil situación xurde o interrogante de a onde ir. Nunha Europa carente de democracia esa pregunta non parece ter unha doada resposta. Un Oriente Próximo próspero, democrático e en paz perfílase como a mellor das opcións.

Así pois, tras pasar case dous anos nun campo de refuxiados en Exipto á espera da tramitación de asilo, por fin conseguen a aceptación da solicitude, sendo enviados á cidade de Asuán.

Nun mundo de prexuízos, de miradas de receo, de desconfianza, cunha cultura e lingua diferentes, vénse na obriga de construír a súa vida de cero, dende a nada.

Guerra non é un relato politizado, senón unha invitación á empatía, á solidariedade, a poñernos no lugar de quen se ve na tesitura de ter que deixalo todo atrás e fuxir do seu país na máis absoluta incerteza. En definitiva, un libro necesario.

Baixo o título “Refuxiados sen camiño”, Gabriel Tizón móstranos nunha exposición fotográfica a esas “persoas anónimas, inocente, que camiñan en contra da súa vontade sen saber cara onde, nun camiño cheo de perigos e cun só obxectivo, fuxir da morte”.

Parafraseando ao propio Tizón, “somos das que pensamos que somos o que facemos e non o que dicimos“.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

– C. Garza –

El Arca de Pin (2016).

2 comments

Deja un comentario